Os invitados tamén falan do Percebe Son

Só queda un día para que comece o Percebe Son e  desde aquí queremos agradecer aos invitados das distintas actividades pola súa colaboración á hora de promocionar este foro musical. En primeiro lugar a Xocas López, membro de The Homens http://thehomens.wordpress.com/2011/02/16/labor-comunitario/ e tamén á banda Ataque Escampe http://ataqueescampe.blogspot.com/2011/02/ae-no-percebe-son-e-entrevista-en-de.html

Tamén queremos agradecer a promoción feita polos blogs da Liga Nacional de Billardahttp://ovaral.blogspot.com/2011_02_14_archive.html http://lnbsur.wordpress.com/2011/02/14/este-sabado-aberto-de-mos-e-o-xoves-o-percebe-son/

E especialmente a Terbutalina polo video promocional dos seus concertos desta semana.

PD: E tamén queremos agradecervos a todos as visitas ao blog, que xa pasamos das 1000!

+ medios

Nesta última semana, tres novos medios de comunicación se fixaron no Percebe Son. Podedes encontrar a reseña do foro musical na paxina sobre actualidade musical galega Ghastas Pista?, no blog sobre docencia de lingua e literatura galega Caderno da Lingua e no diario online Xornal de Galicia.

Graciñas a todos!

Liga Nacional de Billarda [Obradoiro]

Como actividade complementaria do noso foro musical desfrutaremos coa presenza dun equipo da Liga Nacional de Billarda. Os asistentes ao Percebe Son poderedes participar neste xogo tradicional a ver unha desmostración por parte dos membros da liga. A billarada ou cachiza é un xogo tradicional que consiste en lanzar un pequeno anaco de madeira (a billarda) colocado no chan cun pau máis largo chamado palán.

Esta actividade realizarase no aparcadoiro do IES Audiovisual de Vigo pola tarde.

Marxe Eskerda [Concerto Eléctrico]

Marxe Eskerda é unha banda de hardcore punk formada a mediados de 2007 en Redondela (Pontevedra). Trala súa maqueta “Collendo Forma” (2008) editaron o seu primeiro álbum, “Marxe Eskerda”, gravado nos Estudios Metrópolis de Vigo en novembro de 2009 e masterizado nos estudios Tz de Marín. Este álbum, con temas integramente compostos pola banda, inclúe o single publicado en 2009 “Hitlipollas” en versión remasterizada. Neste novo traballo obsérvase a evolución musical do grupo e a enorme mellora na calidade de son respecto da maqueta. Tanto a maqueta, como o single e mailo álbum volo podedes descargar libremente a través deste link de Jamendo.

Marxe Eskerda estarán no concerto final do Percebe Son

Aíd [Charla/Coloquio]

Aída Alonso Iglesias, artísticamente Aíd: estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo, locutora de radio, colaboradora de televisión e MC. En 2009 sae ás rúas Jugando, o seu álbum debut. Un traballo que se foi forxando durante os dous anos anteriores ao lanzamento do disco. A súa música logrou gran repercusión debido a un estilo que rexeita a delincuencia e os estereotipos rapeiros e que aposta por un rap limpo e de valores.

Aíd participa na nosa Charla/Coloquio con Xurxo Souto, Tonhito de Poi, Sergio Lago e Xocas López.

Terbutalina [Concerto Eléctrico]

Terbutalina son un grupo de Muros que mistura rock e ska.

Terbutalina estará con nós no concerto final do Percebe Son.

Os medios fanse eco do Percebe Son

Nos últimos días varias páxinas en internet fixéronse eco do Percebe Son, entre eles a web sobre música galega Komunikando, a páxina da asociación Músicos ao Vivo, a axenda cultural “Que hacer en Vigo?”,  o foro musical Rock Vigo e nas webs da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo e da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Moitas gracias a todos polo voso apoio!

 

Estade atentos: nos próximos días anunciaremos novas incorporacións que pecharán o cartel de concertos