Que é?

O festival “Percebe Son” nace ante as inquedanzas culturais do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo e da clase de 2º de P.A.R.E., desta maneira xurdiu a idea de facer un Foro cultural, musical e de entretemento.

O festival é un evento que pretende a interrelación cultural coa lingua galega como telón de fondo como modo de expresión da sociedade e como reflexo na música e na cultura. Daremos a coñecer ao público grupos que están a comezar, e aproveitando o acontecemento tamén poremos en contacto a músicos máis novos con outros de consolidada traxectoria.

Dende a base da música en galego, trataremos de entreter e divertir aos asistentes, creando un espazo no que todo o mundo se sinta cómodo e animado á participación.

4 Respostas

  1. […] Percebe Son: Foro Musical Galego percebeson.wordpress.com/about/  por raxozorza hai 4 segundos […]

  2. […] xoves, aínda que por separado. Xocas predicará xunto con xente como Xurxo Souto no foro musical Percebe Son, organizado polos alumnos do IES Audiovisual de Vigo. Mentres, Roi e Wu tentarán convencer aos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: