Os invitados tamén falan do Percebe Son

Só queda un día para que comece o Percebe Son e  desde aquí queremos agradecer aos invitados das distintas actividades pola súa colaboración á hora de promocionar este foro musical. En primeiro lugar a Xocas López, membro de The Homens http://thehomens.wordpress.com/2011/02/16/labor-comunitario/ e tamén á banda Ataque Escampe http://ataqueescampe.blogspot.com/2011/02/ae-no-percebe-son-e-entrevista-en-de.html

Tamén queremos agradecer a promoción feita polos blogs da Liga Nacional de Billardahttp://ovaral.blogspot.com/2011_02_14_archive.html http://lnbsur.wordpress.com/2011/02/14/este-sabado-aberto-de-mos-e-o-xoves-o-percebe-son/

E especialmente a Terbutalina polo video promocional dos seus concertos desta semana.

PD: E tamén queremos agradecervos a todos as visitas ao blog, que xa pasamos das 1000!

Advertisements

Aíd [Charla/Coloquio]

Aída Alonso Iglesias, artísticamente Aíd: estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo, locutora de radio, colaboradora de televisión e MC. En 2009 sae ás rúas Jugando, o seu álbum debut. Un traballo que se foi forxando durante os dous anos anteriores ao lanzamento do disco. A súa música logrou gran repercusión debido a un estilo que rexeita a delincuencia e os estereotipos rapeiros e que aposta por un rap limpo e de valores.

Aíd participa na nosa Charla/Coloquio con Xurxo Souto, Tonhito de Poi, Sergio Lago e Xocas López.

Tonhito de Poi [Charla/Coloquio]

Tonhito de Poi nado en Castiñeiras (Ribeira) é un artista polifacético galego. E coñecido especialmente por ser o líder da banda Heredeiros da Crus, coa que editou 9 álbumes ao longo dos seus 12 anos de carreira. Posteriormente fundou A Banda de Poi e actualmente está inmerso no seu proxecto Tonhito de Poi e Rasa Loba. Ademáis da súa contribución á música galega, tamén destaca na no eido interpretativo e dramatúrxico na pequena pantalla e conta coa súa propia produtora, “Cabezas quentes”.

Tonhito de Poi estará na nosa charla/coloquio, non vola perdades!

Sergio Lago > toupa.net [Charla/Coloquio]

Cultura galega para levar

Sergio Lago é o fundador de toupa.net, a primeira plataforma on-line de distribución de cultura galega de distintos ámbitos como música, cine ou banda deseñada. Nas súas propias verbas:

“A nosa proposta é sinxela: Queremos construír un espazo para achegar a produción cultural con perspectiva galega a todos aqueles que cren, coma nós, en que unha visión universal e cosmopolita só pode construírse dende o recoñecimento da propia identidade, dende o que somos… un espazo onde estean dispoñibles todos aqueles produtos culturais galegos que son tan difíciles de atopar nas canles convencionais.”

Sergio Lago formará parte da nosa charla/coloquio.

Xocas López [Charla/Coloquio]

Xocas López é produtor, programador cultural e batería do grupo de power-pop The Homens e visita o IES Audiovisual de Vigo para falar con nós de música en galego.

A charla/coloquio do Percebe Son comeza ás 11:30, non a perdas.

Xurxo Souto [Charla/Coloquio]

A traxectoria de Xurxo Souto é moi extensa: fundador de Os Diplomáticos de Montealto, presentador de radio, de televisión, escritor… actualmente o podes atopar no programa “Música Ambiente” en VTelevisión.

Xurxo Souto presidirá o noso coloquio sobre música en galego, a primeira actividade do noso foro musical.