Os invitados tamén falan do Percebe Son

Só queda un día para que comece o Percebe Son e  desde aquí queremos agradecer aos invitados das distintas actividades pola súa colaboración á hora de promocionar este foro musical. En primeiro lugar a Xocas López, membro de The Homens http://thehomens.wordpress.com/2011/02/16/labor-comunitario/ e tamén á banda Ataque Escampe http://ataqueescampe.blogspot.com/2011/02/ae-no-percebe-son-e-entrevista-en-de.html

Tamén queremos agradecer a promoción feita polos blogs da Liga Nacional de Billardahttp://ovaral.blogspot.com/2011_02_14_archive.html http://lnbsur.wordpress.com/2011/02/14/este-sabado-aberto-de-mos-e-o-xoves-o-percebe-son/

E especialmente a Terbutalina polo video promocional dos seus concertos desta semana.

PD: E tamén queremos agradecervos a todos as visitas ao blog, que xa pasamos das 1000!

Marxe Eskerda [Concerto Eléctrico]

Marxe Eskerda é unha banda de hardcore punk formada a mediados de 2007 en Redondela (Pontevedra). Trala súa maqueta “Collendo Forma” (2008) editaron o seu primeiro álbum, “Marxe Eskerda”, gravado nos Estudios Metrópolis de Vigo en novembro de 2009 e masterizado nos estudios Tz de Marín. Este álbum, con temas integramente compostos pola banda, inclúe o single publicado en 2009 “Hitlipollas” en versión remasterizada. Neste novo traballo obsérvase a evolución musical do grupo e a enorme mellora na calidade de son respecto da maqueta. Tanto a maqueta, como o single e mailo álbum volo podedes descargar libremente a través deste link de Jamendo.

Marxe Eskerda estarán no concerto final do Percebe Son

Terbutalina [Concerto Eléctrico]

Terbutalina son un grupo de Muros que mistura rock e ska.

Terbutalina estará con nós no concerto final do Percebe Son.

Som do Galpom [Concerto Eléctrico]

SOM DO GALPOM nace en decembro de 2005 nunha aldea (A Moniña) preto de Compostela. Todos os integrantes do grupo apostan por unha formación innovadora e orixinal que se apoia nas raíces de tres estilos de música diferentes que ao mesmo tempo semellan moi próximos como son o funky, o reagge e o rap.

SOM DO GALPOM actuarán no concerto final do Percebe Son a partir das 19:30 no Auditorio de IES Audiovisual de Vigo.

Ataque Escampe [Concerto Acústico]

ATAQUE ESCAMPE gostan de definir o seu estilo como rock de serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela mais variada (do banxo ao hammond, do kazoo á percusión electrónica, da trompa á harmónica), ofrecen unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma, encadrábel nunha traxectoria antivirtuosa practicamente inédita na Galiza. O rock de serie B é un xeito de entender a música que abrangue un inxente abano de xéneros bastardos, desde o bolero ao punk, pasando polo vals, o tango, a canción popular galega, o country, o fox-trot, o soul ou o rap.

O funcionamento como grupo sen destacar autorias no seu interior, o emprego do galego como única lingua e a reciclaxe de músicas malditas completan a filosofia vital dunha banda que practica o “do it yourself” máis brutal, poético e desvergonzado.