+ medios

Nesta última semana, tres novos medios de comunicación se fixaron no Percebe Son. Podedes encontrar a reseña do foro musical na paxina sobre actualidade musical galega Ghastas Pista?, no blog sobre docencia de lingua e literatura galega Caderno da Lingua e no diario online Xornal de Galicia.

Graciñas a todos!

Os medios fanse eco do Percebe Son

Nos últimos días varias páxinas en internet fixéronse eco do Percebe Son, entre eles a web sobre música galega Komunikando, a páxina da asociación Músicos ao Vivo, a axenda cultural “Que hacer en Vigo?”,  o foro musical Rock Vigo e nas webs da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo e da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Moitas gracias a todos polo voso apoio!

 

Estade atentos: nos próximos días anunciaremos novas incorporacións que pecharán o cartel de concertos

O IES Audiovisual desde o ceo

Aí estamos, detrás do Instituto de Investigacións Mariñas.

Aí chega o Percebe Son!

O 17 de febreiro celébrase o “Percebe Son”, un foro que xirará ao redor da música da nosa terra.

Consideramos que o festival é unha actividade interesante para o público en xeral, xa que terán a posibilidade de asistir a un evento musical novidoso con mostras, charlas, e concertos cos que disfrutar de grupos musicais galegos.

Tamén está dirixido aos membros dos Equipos de Normalización Lingüística das escolas, institutos de Vigo e comarca e da Universidade de Vigo.