Os invitados tamén falan do Percebe Son

Só queda un día para que comece o Percebe Son e  desde aquí queremos agradecer aos invitados das distintas actividades pola súa colaboración á hora de promocionar este foro musical. En primeiro lugar a Xocas López, membro de The Homens http://thehomens.wordpress.com/2011/02/16/labor-comunitario/ e tamén á banda Ataque Escampe http://ataqueescampe.blogspot.com/2011/02/ae-no-percebe-son-e-entrevista-en-de.html

Tamén queremos agradecer a promoción feita polos blogs da Liga Nacional de Billardahttp://ovaral.blogspot.com/2011_02_14_archive.html http://lnbsur.wordpress.com/2011/02/14/este-sabado-aberto-de-mos-e-o-xoves-o-percebe-son/

E especialmente a Terbutalina polo video promocional dos seus concertos desta semana.

PD: E tamén queremos agradecervos a todos as visitas ao blog, que xa pasamos das 1000!

Liga Nacional de Billarda [Obradoiro]

Como actividade complementaria do noso foro musical desfrutaremos coa presenza dun equipo da Liga Nacional de Billarda. Os asistentes ao Percebe Son poderedes participar neste xogo tradicional a ver unha desmostración por parte dos membros da liga. A billarada ou cachiza é un xogo tradicional que consiste en lanzar un pequeno anaco de madeira (a billarda) colocado no chan cun pau máis largo chamado palán.

Esta actividade realizarase no aparcadoiro do IES Audiovisual de Vigo pola tarde.

O Galeoke, o karaoke galego

O GALEOKE é un xogo de karaoke no que acumulas puntos emulando o cantar dos artistas galegos mais populares. Este proxecto emprega un software chamado UltraStar Deluxe, que é unha aplicación de concurso – karaoke feita en Software Libre inspirada no xogo Singstar™ para a Playstation®.

O xogo estará disponible para todos pola tarde durante o Percebe Son nunha das aulas do IES Audiovisual. Estas son as cancións do primeiro volume do Galeoke:

  • Os Resentidos: “Galicia Caníbal”
  • Fuxan os ventos: “O Carro”
  • Malvela: “O Pirimpimpín”A música que levas dentro
  • Berrogüetto: “Danza de Meirol”
  • Projecto Mourente: “Como os Caranguejos”
  • Espido: “Santa Muller”
  • Narf e Manecas Costa: “Esta Noite”
  • Lamatumbá: “Licorcafé”
  • Quant: “Pois eu” (Andrés do Barro)
  • Treixadura: “Fisterra”
  • Xoan Curiel: “Rapás, rapás…”
  • Uxía: “As nosas cores” (con Sara Tavares)
  • Loretta Martin: “As cores do solpor”
  • Os Cempés: “Sara, Sarinha”
  • Marful: “Leverelém”
  • Os Diplomáticos de Montealto: “Nordés” (con Mercedes Peón)

Tamén podes mercalo en diversas tendas de Galicia, infórmate neste link.